Castellano | Català | Galego | Euskera | English  
SEDLL
Inicio
 
 

A Sociedade Española de Didáctica da Lingua e a Literatura é unha entidade sen ánimo de lucro que conta con máis de cincocentos asociado/as. Está formada por profesorado de todos os niveis educativos e por profesionais da educación non formal preocupados por o ensino e a aprendizaxe de linguas, literaturas e os seus recursos expresivos, verbais, non verbais e audiovisuais.

A SEDLL ten como obxectivos primordiais:

  1. Establecer vínculos profesionais entre os especialistas de Didáctica da Lingua e a Literatura de todos os niveis educativos.
  1. Coordinar actividades de investigación didáctica e estimular unha docencia innovadora, co fin de consolidar a investigación e a innovación no ensino e aprendizaxe de materias lingüísticas e literarias.
  1. Difundir as investigacións e as propostas de innovación didáctica que se realicen no seo da SEDLL.
  1. Publicar as actividades de interese social e profesional dos seus asociado/as, no ámbito da educación literaria e lingüística, así como dos seus entornos expresivos.
  1. Impulsar todas aquelas suxestións innovadoras dos seus asociado/as que permitan a mellora e o desenvolvemento da área.

A SEDLL, desde os seus inicios, organizou Congresos (de temática libre) e Simposios (que abordaron temas monográficos) Internacionais de forma bianual e alterna durante os últimos días de novembro e primeiros de decembro de cada ano. Cada encontro realízase nunha universidade española ou internacional.

A participación activa e reiterada do profesorado desta Área nos Congresos e Simposios celebrados, mostra o interese que os encontros suscitaron por ser un referente para a actividade educativa en xeral e, de forma especial, a educación relacionada coa formación lingüística e estético-literaria.

Congresos e Simposios teñen as súas actas publicadas en coedición coa Universidade sede do evento correspondente. Actualmente, contamos coa publicación de todas as actas dos Congresos e dos Simposios celebrados.

Gracias a esta atención e participación continuada, a SEDLL publica desde 1989 a revista: Lenguaje y Textos (con dous números ao ano).

Para poder continuar a visita da páxina, pulsa aquí

 

 

 

 
© Sociedad Española de Didáctica de la Lengua y la Literatura. Todos los derechos reservados